Un pai e os seus dous fillos, detidos por manter unha liorta no interior dunha vivenda
Publicado o 14/05/2020 14:12
En Lugo, un pai e os seus dous fillos foron detidos pola Policía Nacional despois de manter unha liorta no interior da vivenda que comparten.
Teñen 49, 24 e 21 anos de idade. Ao parecer, a lea desencadeouse logo de que o fillo menor estivera ausente do domicilio por máis de 24 horas. Tanto o seu irmán como o seu pai increpárono ata que comezaron a golpearse os tres. Foi a nai a que deu aviso telefónico á policía, que os levou á comisaría como presuntos autores dun delito de violencia doméstica.