CRTVG

Buscar

Un pai e a súa filla de oito anos rescatan un corzo que caeu no mar en Cedeira

Publicado o 26/07/2020 12:22

Vexan estas imaxes ben sorprendentes: o rescate dun corzo no mar.
Aconteceu en Cedeira. Os protagonistas, ademais do animal, son Juan Carlos e a súa filla Elisa, de oito anos. Eles foron os que gravaron estas imaxes e os que conseguiron rescatar o animal e conducilo ata terra. Todo apunta a que o corzo caeu ao mar nalgún punto próximo a punta Robaleira.

Elisa e o seu pai Juan Carlos acompañaron o animal na súa canoa. Con algunhas dificultades, conseguiron levalo ata a praia da Magdalena, en Cedeira. Levoulles algún tempo, pero puideron dicir iso de misión cumprida.

Noticias web

26/07/2020