CRTVG

Buscar

Un paciente tetrapléxico solicita o cultivo de cánnabis para aliviar as dores crónicas que padece

Publicado o 03/05/2021 10:27

Juan Rodríguez Gantes leva 31 anos anos prostrado nunha cadeira de rodas. Canto tiña 19 tirouse de cabeza á auga na praia, chocou coa area do fondo e quedou tetrapléxico. Desde hai 15 anos padece fortes dores crónicas. Para calmalas tivo que tomar ata 40 pílulas diarias, pero descubriu que o cánnabis o aliviaba. Con axuda externa creou un pequeno cultivo no seu cuarto, no centro de discapacitados onde reside en Ferrol, pero denunciárono e quitáronllo. Desde entón loita por conseguir que o autoricen a cultivar marihuana para autoconsumo e poder levar unha vida digna.

Ten informes médicos que avalan os beneficios do consumo de marihuana para o seu estado de saúde. Ao non poder cultivala, Juan ten que conseguila no mercado negro cos riscos e o elevado custo que supón. Co apoio do Observatorio Europeo do Cánnabis, Juan solicitoulle á Axencia Españalo do Medicamento autorización para cultivar marihuana con fins medicinais. Está disposto a chegar ata a última instancia xudicial.