CRTVG

Buscar

Un paciente de sida no Brasil podería ser o primeiro curado usando só medicación

Publicado o 08/07/2020 19:20
Un paciente de sida no Brasil podería ser o primeiro curado usando só medicación

Un paciente con sida de São Paulo podería ser a primeira persoa que supera a doenza usando só medicación. O home someteuse durante anos a un tratamento a base de antirretrovirais e nicotinamida. Quince meses despois, non hai rastro do virus no seu sangue.

Os científicos responsables do estudo piden tempo para poder considerar definitivos os resultados. Ata o momento, só se ten constancia de dúas persoas curadas da sida. Nos dous casos, sometéranse a complexas operacións como parte dun tratamento contra o cancro.

Noticias web

08/07/2020