Un ourensán explícanos a dura vida dun campión de power fitness
Hai tanta dor como pracer neste singular deporte. Tanto sufrimento polo sacrificio de levantar pesas cada vez máis pesadas, como satisfacción porque ese esforzo ten a recompensa do premio. O certo é que ten que gustar moito dedicar tantas horas a esta actividade.
Adrián comezou facendo culturismo, pero a modelación extrema do corpo esixía unha disciplina alimentaria aínda máis restritiva.
A sú profesión, coa que gaña a vida, porque o power fitness é pura afección, é a de protésico dental. Foi campión galego, español e iberolatinoamericano. Agora aspira ao europeo. Pero a alta competición é custosa.
Adrián asegura que cada vez máis xente se inclina polo seu deporte. Mellor levantar pesos por vontade que por obriga, así a carga semella máis lixeira.