Un oso perdido nunha estrada de Asturias deambula poñendo en risco a súa vida e a dos condutores
Publicado o 25/08/2021 16:09
En Asturias, en Cangas del Narcea, a presenza dos osos en lugares habitados vén sendo xa algo habitual.
A este atopárono desorientado nesta estrada. O coche que o descubriu permaneceu detrás do animal durante uns centos de metros agardando que recuperara a súa ruta polo monte.
A piques estivo de bater contra outro coche que viña polo carril contrario.