CRTVG

Buscar

Un ordenador canta os prezos na lonxa de Burela

Publicado o 04/08/2021 11:58

A lonxa de Burela conta cun sistema pioneiro de poxa: un ordenador canta os prezos do peixe e os compradores mercan pulsando o botón dun mando que teñen preasignado. É un procedemento totalmente dixital, pero mantén a base tradicional de cantar os prezos a viva voz.

O sistema inaugurouse en probas a principios de xuño e xa está plenamente operativo. Instalouse cunha subvención da Xunta de máis de 160.000 euros.

A conselleira do Mar visitou esta mañá as instalacións e animou os representantes da lonxa a seguir apostando por este tipo de melloras.

Noticias web

04/08/2021