Un oceanográfico cedido á Garda Civil buscará as nenas de Tenerife no fondo do mar
Publicado o 25/05/2021 08:39

Un buque equipado con sonar e un robot submarino incorpórase esta semana á procura das nenas desaparecidas en Tenerife. Saíu de Vigo o domingo e vai camiño das Canarias. É un barco do Instituto Oceanográfico, que llo cedeu á Garda Civil para buscar as pequenas no fondo do mar, nunha área delimitada pola localización do móbil do pai.