CRTVG

Buscar

Un obradoiro escola de Ourense reproduce os instrumentos do Pórtico do Paraíso

Publicado o 05/03/2018 16:34

Darlles vida a instrumentos da época medieval e ser quen de que reproduzan os sonidos daquela época. Niso traballan nunha escola obradoiro da cidade das Burgas. 

Son músicos e 'luthiers', e traballan dende hai décadas neste pequeno taller de Ourense. O caso é que os seus modelos atopámolos en códices, estatuas e catedrais, algúns remóntanse o século doce. 

Escoitámolos soar hai ben pouco na catedral de Ourense da man de Carlos Núñez. Pero o certo é que deste pequeno obradoiro saíron instrumentos cara a moitos lugares non só fóra de Galicia, senón tamén a Europa ou América do Sur. Un traballo que agora queren ampliar coa creación dunha escola de música medieval.

Violas, harpas ou mesmo un organistro forman parte xa desta colección que non deixa de medrar e que nos regala unha pequena parte do arquivo sonoro da nosa historia.

Noticias web

05/03/2018