CRTVG

Buscar

Un único acertante da Primitiva na Coruña leva un premio de 1,7 millóns

Publicado o 28/02/2021 15:10

Na Coruña hai hoxe un novo millorario ou millonaria. O sorteo da Lotaría Primitiva deixou na cidade herculina un premio dun millón 700.000 euros.

A persoa que selou o boleto gañador foi o único acertante da primeira categoría, con seis acertos. Ao non haberen acertantes de categoría especial, o dono deste boleto, selado na administración Torre de Ouro, cobrará un millón 731.000 euros.

Noticias web

28/02/2021