Un novo ataque dos lobos na serra do Barbanza deixa tres xatos mortos
O último ataque dos lobos na serra do Barbanza ocorreu na noite do domingo ao luns nesta leira do lugar do Castelo, na parroquia sonenense de Xuño, situada a escasos 30 metros das casas.
Das doce becerras que pastaban no prado, tres foron atacadas polo lobo. Os lobos devoraron parcialmente dúas das reses, pero deixaron enteira a terceira. Os gandeiros da zona denuncián que os ataques son continuos.
Daniel Fernández, gandeiro afectado: "De feito, baixei hai unha semana e pico para unha inspección de microchips das bestas, dos cabalos, e de case cen reprodutoras quedaron doce aquí, ou catorce".
Desde a Asociación de prexudicados pola fauna salvaxe reclaman á Consellería do Medio Ambiente medidades de control da poboación de lobos para evitar os ataques ao gando e reclaman maiores indemnizacións.
José Antonio Muíño, presidente de Aperfasa: "Cando se están pagando, vemos que non coincide co valor real de mercado, co cal entendemos que hai que aumentar esas primas".
Só nesta zona do Barbanza pastan entre dúas e tres mil reses propiedade dun cento de gandeiros.