CRTVG

Buscar

Un novo accidente de tractor provoca a morte dun veciño de Soutomaior

Publicado o 20/06/2020 09:01
Un novo accidente de tractor provoca a morte dun veciño de Soutomaior

O accidente ocorreu pasadas as nove da noite do venres, cando F. J. L. B., de 65 anos, regresaba ao seu domicilio a bordo dun tractor que envorcou baixando unha forte pendente por causas que se descoñecen.

O home, moi coñecido na zona por ser un dos responsables dunha marisquería en Arcade, tivo a desgraza de quedar debaixo do tractor, e foi precisa a intervención dos bombeiros do Morrazo para liberar o seu corpo.

As asistencias sanitarias nada puideron facer por salvarlle a vida.