Un veciño de Carnota fai 90 anos e recibe como agasallo a felicitación de Rafa Nadal
Publicado o 22/10/2021 13:40
Especial, moi especial, foi o aniversario de José Manuel Fernández, o Parrallo, un veciño de Carnota que fixo o mércores 90 anos.
A súa neta quería que fose unha data moi especial para el e mobilizouse nas redes sociais para conseguir que o ídolo do seu avó, o tenista Rafa Nadal, lle mandase os seus parabéns.
Conseguiuno, coa axuda de centos de interaccións nas redes, e o Parrallo tivo este agasallo que tanta ilusión lle fixo.