CRTVG

Buscar

Un neno sae despedido dun vehículo accidentado en Malaisia

Publicado o 19/02/2020 12:44

Un neno salvou milagosamente a vida ao saír despedido dun vehículo accidentado e caer no medio da estrada no sur de Malaisia.

O condutor dun camión que circulaba detrás rescatouno e o pequeno só sofre feridas de escasa consideración. Ocorreu a semana pasada nunha autoestrada do sur de Malaisia.

Un coche que circulaba a gran velocidade impactou co que o precedía e mandouno contra a varanda de protección.

A consecuencia do golpe, un dos pasaxeiros, un neno de curta idade, saíu despedido e caeu no medio da estrada. Un camioneiro que viaxaba detrás detivo o seu vehículo e recolleu o pequeno antes de que puidese ser atropelado por outros coches.

Segundo a Policía Local, o pequeno non viaxaba nunha cadeira adaptada ás súas características físicas. O neno sufriu feridas de escasa consideración nun pé, nunha man e na cara. O condutor do vehículo que causou o accidente xa está identificado.

Noticias web

19/02/2020