Grave un neno de 5 anos tras sufrir un accidente cando conducía un kart en Vigo
Un neno de cinco anos está ferido grave despois de sufrir un accidente mentres conducía un kart na parroquia viguesa de Beade. O pai do pequeno estaba tratando de aprenderlle a manexar o vehículo cando o neno se precipitou por un barranco.
O pequeno está ingresado na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro á espera de que lle operen a cara, onde sufriu un forte impacto. O accidente foi este sábado, pero non transcendeu ata hoxe. O pai do rapaz regaláralle o kart e levouno a un terreo dun centro de ensino de Beade para tratar de aprenderlle a manexalo. Pero o neno, de só cinco anos, perdeu o control do vehículo. Primeiro bateu contra unha varanda de protección, despois coouse por debaixo da barreira e finalmente caeu por un barranco. Só freou ao chocar contra unha árbore.
O kart foi inmobilizado no depósito municipal, onde está a disposición xudicial.