CRTVG

Buscar

Un naufraxio no río Lima, en Portugal, deixa dous falecidos e unha desaparecida

Publicado o 16/03/2021 15:25

Consternación ao outro lado do Miño polo naufraxio no río Lima de tres membros dunha familia. Dúas persoas foron localizadas sen vida e agora buscan un terceiro.

Encontraron a filla de 45 anos e o pai de 70. Agora falta a nai, tamén de 70 anos. A traxedia sucedeu a poucos quilómetros da fronteira con Galicia, en Santa Marta de Portuzelo. Polo que se sabe, a familia collera unha pequena lancha para ir buscar leña ao outro lado deste río Lima e por razóns que se descoñecen a embarcación envorcou.

Sucedeu xusto cando comezaba a haber pouca luz onte á última hora e os dous cadáveres eran encontrados antes das 12 da noite cando detiveron os labores. Agora un dispositivo de 30 persoas busca a muller que falta. 

 

Noticias web

16/03/2021