CRTVG

Buscar

Un mural de Luis Seoane realizado na Arxentina, exposto no Museo Gaiás

Publicado o 06/12/2020 14:27

Desde este domingo xa se pode ver na Cidade da Cultura o mural realizado por Luis Seoane na Arxentina e que a Xunta recuperou para o patrimonio público.

Trátase dun mural de 200 quilos de peso formado por catro paneis en que se poden ver elementos da cultura popular galega. Isaac Díaz Pardo encargoulle a obra a Seoane nos anos 70 para separar espazos na fábrica de porcelanas Magdalena.

O conselleiro de cultura presentou a peza como unha das poucas mostras que hai en Galicia da arte de Seoane neste formato.

Noticias web

06/12/2020