CRTVG

Buscar

Un mural de grandes dimensións homenaxea as mariscadoras de Arcade

Publicado o 22/01/2020 14:42

Un mural duns 100 metros cadrados preside a entrada a Arcade dende Pontevedra. Na imaxe atopamos unha muller co seu cesto e ameixas na cabeza e cos seus pés descansando sobre unha cuncha de vieira.

Esta muller, veciña de Arcade, ten agora 96 anos e dedicouse ao marisqueo dende ben cativa. Non foi á escola, pero iso non lle impediu ser un referente no sector.

Este mural, do artista Yoseba Murazábal, é unha homenaxe ás marsicadoras de Arcade e ás mulleres do mar. Unha iniciativa do concello para un dos piares da súa economía.

Un mural visible dende a estrada e dende o paseo marítimo. Co mar como guía e con Carmen como protagonista, búscase loar un oficio que defenden na actualidade centos de mulleres.

Noticias web

22/01/2020