Un mozo viola unha compañeira de 14 anos e colga as fotos en Internet
Publicado o 26/09/2019 20:33
As autoridades investigan o sucedido. Teñen identificado o mozo e contan coa declaración da menor agredida. A conmoción no instituto é enorme porque os alumnos puideron ver nos seus móbiles a fotos da violación.
Todo aconteceu na parte traseira deste instituto durante un descanso entre clases. Un empregado do centro deu a voz de alarma cando se encontrou coa moza de 14 anos chorando, coa roupa luxada e con marcas polo corpo.
Ao pouco souberon que o presunto agresor subira as fotos a Instagram, onde a rapaza aparece espida. Como pé de foto escribiu que consumara o acto sexual e que fora consentido. El está en liberdade, mentres a vítima e tamén os compañeiros deste instituto de Celeirós reciben asistencia psicolóxica.