CRTVG

Buscar

Un mozo somalí mata a coiteladas tres persoas en Wurzburgo

Publicado o 25/06/2021 23:50
Un mozo somalí mata a coiteladas tres persoas en Wurzburgo

Un mozo somalí mata a tres persoas en Wurzburgo

Tres persoas faleceron e varias resultaron feridas de gravidade ao seren acoiteladas por un mozo somalí no centro de Würzburgo, ao sur de Alemaña. O suceso produciuse cando o home, de 24 anos, atacou cun coitelo de grandes dimensións ás persoas que se ía atopando pola rúa e sen mediar palabra. De momento non se fixeron públicos os motivos do agresor, que chegou a Alemaña en 2015 e residía nun centro para persoas sen fogar. Hai dúas semanas comezara un tratamento psiquiátrico. A policía investiga se tras o ataque hai unha motivación islamista.