CRTVG

Buscar

Un mozo de 22 anos falecido e tres feridos tras bater contra unha casa en Culleredo

Publicado o 28/08/2021 13:44

 A complicada noite nas estradas galegas comezaba sobre as tres e media desta madrugada. A esa hora un vehículo con catro ocupantes sufría unha saída da vía preto do aeroporto coruñés de Alvedro, no concello de Culleredo. Un posible exceso de velocidade fixo que o turismo non tomara unha curva e acabara batendo contra unha casa. Un dos viaxeiros, de 22 anos e veciño de Arteixo, falecía no lugar malia os intentos dos equipos médicos por reanimalo.

Os outros tres mozos foron trasladados ao Complexo Hospitalario da Coruña con feridas de prognóstico reservado.

Os veciños xunto coa Policía Local de Culleredo, os bombeiros de Arteixo e a Garda Civil de tráfico evitaron que o coche prendese e que as consecuencias foran aínda máis tráxicas.

 

Noticias web

28/08/2021