CRTVG

Buscar

Un morto e un ferido nun accidente de avioneta en Vélez-Málaga

Publicado o 12/10/2020 09:05

Un mozo de 26 anos morreu e outro quedou ferido o estrelarse a avioneta que ocupaban en Vélez-Málaga. O falecido, de nacionalidade española, era o piloto do aparello e o seu acompañante, que quedou ferido, é alemán.

A avioneta caeu ao chan despois de engalar no aeródromo da Axarquía en Málaga, pasadas as 12 do mediodía deste domingo. As causas do sinistro estanse a investigar.

Noticias web

12/10/2020