CRTVG

Buscar

Un morto e un ferido ao caer unha avioneta militar sobre unha casa en Bolivia

Publicado o 25/03/2021 08:35

Unha avioneta militar cae sobre unha casa en Bolivia e mata unha muller e deixa ferido o seu irmán. Os dous tripulantes da avioneta, que estaban en voo de prácticas, saíron proxectados en paracaídas e salváronse antes de que o aparello se incendiase e caese sobre a vivenda.

Moitos habitantes desta zona da cidade de Sacaba, en Cochabamba, viron como caía a avioneta e lograron zafarse do perigo. A casa contra a que impactou, de dous andares, quedou destruída. Descoñécese a causa do accidente. Hai agora un ano, dous tripulantes dunha aeronave da Forza Aérea Boliviana morreron tras sufrir un accidente, tamén nun voo de instrución, no Trópico de Cochabamba.

Noticias web

25/03/2021