CRTVG

Buscar

Un morto e dous feridos nun incendio rexistrado nunha residencia de maiores de Granada

Publicado o 31/08/2021 14:36

Un home de 60 anos morreu nun incendio rexistrado a últimas horas deste luns nunha residencia de maiores da localidade granadina de Loja.

A vítima é un residente do centro que saltou pola fiestra do cuarto onde se iniciou o lume.
Outras dúas persoas, traballadores da residencia, quedaron intoxicadas polo fume e foron trasladados a un hospital local.

O incendio afectou a terceira planta do edificio e todos os residentes desta zona foron recolocados noutras dependencias do mesmo edificio.

Noticias web

31/08/2021