CRTVG

Buscar

Un morto e cen desaparecidos ao colapsar parte dun edificio en Miami

Publicado o 25/06/2021 13:42
Un morto e cen desaparecidos ao colapsar parte dun edificio en Miami

Os equipos de rescate traballan a toda présa para atopar as case cen persoas desaparecidas en Miami tras o derrubamento de parte dun edificio de 12 andares. O sinistro afectou 55 dos 130 apartamentos que ten o inmoble construído hai corenta anos en Surfside, unha localidade de Miami de pouco menos de seis mil habitantes.

As autoridades informaron da morte dunha persoa, e dunha ducia de feridos pero hai case cen que están desaparecidas. Os equipos de bombeiros chegados ao lugar lograron rescatar con vida algúns veciños que quedaron atrapados entre os cascallos, pero as autoridades non teñen constancia de cantos había no interior do inmoble cando se produciu o derrubamento. 

O edificio sinistrado, situado a carón da praia estaba habitado principalmente por xente da comunidade xudía e latina. As familias agardan con desesperación novas dos seus mentres as autoridades confirmaron que o teito do edificio estaba en obras, pero que 
non estaba claro que estes traballos influísen no seu colaspso.

 

 

Noticias web

25/06/2021