Un millón de persoas non recibirán as prestacións por desemprego en abril por atrasos na tramitación
En España hai máis de cinco millóns de persoas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego ou por despedimentos, dos cales preto de catro millóns cobrarán as prestacións por desemprego; iso significa que aínda hai un millón de persoas que non poderán acceder a estas axudas.
Dende o servizo estatal de emprego, recoñecen que están desbordados.
Os empresarios piden axilizar a tramitación dos ERTE pero tamén amplialos. Víctor Nogueira, presidente da Empresa Familiar asegura que coas limitacións de afroro de ata o 30% é inviable asumir todos os traballadores.
Pola súa banda, os traballadores por conta propia volven a reclamar a supresión da cuota de autónomos, Lorenzo Amor, presidente da Asociación de Traballadores Autónomos cualifica de sablazo que o estado volvese a pasarlles a cota de autónomos este mes.
A isto hai que engadir que moitos dos novos beneficiarios dubidan de que vaian cobrar puntualmente. Por se acaso, o Ministerio de Traballo habilitou liñas de crédito con entidades bancarias para que adianten estes pagamentos.