Un migrante resulta ferido en Ceuta
Publicado o 20/03/2021 01:12

Migrantes chegando a porto
Un migrante de nacionalidade marroquí resultou ferido grave ao se golpear coa hélice dunha embarcación que o ía trasladar ás costas de Cádiz canda outros nove. O accidente produciuse cando o piloto da embarcacións obrigou aos migrantes a saltar á auga ante a chegada da Garda Civil.
Os dez migrantes conseguiron regresar a terra e foron atendidos por membros da Cruz Vermella. O ferido foi evacuado en ambulancia ata un hospital para ser atendido dos cortes que a hélice lle provocou nunha perna. Os migrantes permanecerán nunha nave industrial de Ceuta. Alí pasarán o período de confinamento obrigatorio pola covid-19. O piloto foi detido. Será acusado dun presunto delito contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros.