CRTVG

Buscar

Un mergullador da navalla atopa un corzo nadando entre Lira e Carnota

Publicado o 10/06/2021 21:43

Un corzo nadaba mentres Guillermo andaba á navalla e demostrouno coa súa gravación. En concreto, entre Lira e Carnota, ben en mar aberto, nun día de mar calmo. Xa en terra e coa incredulidade de ter visto algo así relata Guillermo a historia que xamais imaxinou contar.

Ata aquí a odisea marítima do corzo. A de Guillermo aínda dá para moitas parolas. Iso si, coa sensación feliz de, no medio do asombro, salvalo.

A historia de Guillermo, do corzo e dun día que parecía un día calquera no porto de Fisterra.

Noticias web

10/06/2021