CRTVG

Buscar

Un matrimonio de Vigo leva 67 anos casado e di seguir tan feliz coma entón

Publicado o 25/07/2019 14:44

Nestes tempos de relacións efémeras sorprende ver parellas coma a seguinte: Pepe e Mercedes casaron hai sesenta e sete anos e seguen tan felices coma entón. A relativa boa saúde que teñen e a compaña dos netos e o bo sentido do humor fan posible que un amor que naceu hai tanto tempo aínda perdure.

Hai sesenta e sete anos Pepe e Mercedes prometéronse amor eterno na igrexa de Santa Cristina de Lavadores, e levan camiño de cumprir a súa promesa. Ao principio a este oficinista de Vigo custoulle convencer a aquela moza de Cee que traballaba nunha xastrería da rúa do Príncipe.

Tiveron unha filla, tres netos, seis bisnetos e un tataraneto. Na parede da casa aínda pendura a poesía que Pepe lle escribiu. A paciencia, o respecto e saber ceder e perdoar son as claves desta lonxeva relación.

Con bos e malos momentos, o balance é bo e desde hai sesenta e sete anos Mercedes e Xosé non deixaron de bailar xuntos aínda que a el non lle guste.
 

Noticias web

25/07/2019