CRTVG

Buscar

Un Lugo canso perde en Zaragoza

Publicado o 20/12/2020 14:15

Nafti e os seus xogadores abandonaron a Romareda coa cabeza baixa e agotada, coma pedindo un descanso.

Mehdi Nafti, adestrador do C.D. Lugo: "Eu creo que a parada vén no mellor momento posible para poder recargar pilas, recuperar o equipo ao completo contra o Sporting. Nese sentido, eu estou contento por desconectar un pouquiño e tamén eu o necesito".

O certo é que ante o Zaragoza viuse un Lugo errático e cunha velocidade menos, que concedeu dezasete remates ante un rival agoniado pola súa situación na táboa e que só puido saír á contra en moi contadas ocasións.

Mehdi Nafti, adestrador do C.D. Lugo: "Tivemos algunha situación de contra no primeiro tempo con Gerard onde non finalizamos ben".

Non demostraron os aragoneses ser un dos catro peores equipos de Segunda, pero aí segue, pelexando por saír da zona de perigo.

O Lugo resistiu durante setenta minutos agarrado ao pau e máis a Cantero.

Ata que de tanto xogar con lume acabou queimándose.

Foi tras unha perda de Juanpe en zona de perigo. A pelota caelle a Eguaras e o seu pase transformao Pep Chavarría no un a cero logo dunha consulta co VAR. O trazo da liña non deixaba lugar a dúbidas.

Mehdi Nafti, adestrador do C.D Lugo: "A nivel de contundencia, a nivel de bloque, non vin o equipo que adoito ver cada fin de semana".

O pulo final do Lugo chegou tarde, e nin sequera Jair lle puido botar unha man. O Zaragoza facíase coa vitoria.

Noticias web

20/12/2020