CRTVG

Buscar

Un lóstrego provoca o derrubamento de parte do teito dunha vivenda en Vilaboa

Publicado o 23/06/2021 13:47

Amaya ten a vivenda que soñou sempre. En 2017 tocoulles a lotaría, co que puido facelo realidade e ter un fogar propio para a súa familia. Pero o domingo, non saben se un lóstrego ou se a consecuencia dalgun defecto oculto da construción, parte do teito derrubouse no cuarto onde durmía a súa filla menor.

A idea da familia era ir arranxando pouco a pouco a casa. Este contratempo desbaratou os seus plans. Non teñen seguro e tampouco saben como afrontar a aituación. O home de Amaya dedícase a vender chatarra e ela, grazas aos cursos de formación aos que asistiu e ao seu afán emprendedor, axuda na economía familiar facendo traballos como estes de tapicería por encargo. Agora piden axuda para superar este atranco.

Amaya agradece o interese e apoio do departamento de Servizos Sociais do concello de Vilaboa ,que xa se puxo en contacto con eles e tamén lle ofreceron axuda desde o colexio onde estuda a súa filla.

Noticias web

23/06/2021