Un lóstrego obriga a desaloxar un tren en Quiroga con 200 pasaxeiros a bordo
Publicado o 25/08/2019 15:13
Foi un domingo de treboadas: máis de mil raios caeron en Galicia. Un deles foi parar sobre un tren preto de Quiroga. Este tren Alvia que une A Coruña con Barcelona quedou bloqueado e tivo que ser desaloxado despois de que caera o lóstrego e causara un pequeno incendio. Ían 204 pasaxeiros a bordo e, despois dunha hora parados, puideron seguir a súa viaxe. O convoi saíu ás 8 da maña da cidade heculina e, tras o atraso acumulado, chegará esta noite a Barcelona.