Un local de hostalaría da Coruña fai unha colecta nas redes para poder reabrir
Juan Carlos Agilda tivo a mala sorte de abrir este local preto da estación do tren da Coruña, xusto dous días antes do peche obrigado da hostalaría poloestado de alarma da Covid-19. Con cero ingresos e coas cotas do alugueiro do local sen pagar, agora coa desescalada non pode reabrir
"Loxicamente son tres meses sen xerar ingresos, entón uns fondos que había, pois hai que manter a casa, hai que manter a familia e os fondos foron a menos. Entón agora atopámonos cunha situación moi precaria para poder reiniciar e retomar o negocio en si", di o dono da cafetería
Foi á súa amiga Marisa a quen se lle ocorreu a idea de iniciar a través das redes sociais un corwdfunding consitente en pagar a consumición por adiantado
"Ti entras, achegas o diñeiro dunha cervexas ou dun bocadillo e dunha tapa: 10 euros, 15 euros 1,70 euros... entón entre todos ir adiantando. Ti entras no crowdfunding achegas o teu diñeiro, sacas o recibo e con ese recibo tes a túa consumición pagada. sinala Marisa Fernández
Juan calcula que dous mil cincocentos euros será unha cantidade suficiente para reabrir o seu local. Agarda poder facelo a partir do próximo día vinte e un.