Un kamikaze bate contra outro coche na autovía Santiago-Noia
Publicado o 27/06/2019 08:46
Paran outro condutor kamikaze, esta vez na autovía que vai de Santiago a Noia, xusto na saída da autoestrada AP-9.
O condutor circulou en dirección contraria ata bater con outro coche que viña polo seu carril. Descoñécese exactamente o punto onde se incorporou, e tamén se se debeu a un despiste ou se o fixo intencionadamente, pero despois da colisión, foi inmobilizado por varias patrullas da Garda Civil. O golpe deixou dous feridos leves.