CRTVG

Buscar

Un investidor valenciano, disposto a mercar a téxtil galega Pili Carrera

Publicado o 04/06/2021 21:22
Un investidor valenciano, disposto a mercar a téxtil galega Pili Carrera

A firma de moda infantil galega Pili Carrera xa ten comprador. Un investidor valenciano iniciou o proceso para mercar a empresa téxtil, e comprometeuse a reincorporar ao cadro de persoal, segundo avanzou o Concello de Mos. Pili Carrera está neste momento xestionada por un administrador concursal, así que o xulgado terá que autorizar a operación. A firma fundada en 1963 anunciara a principios de ano que iría á liquidación, incapaz de superar unha crise agravada pola pandemia.

A alcaldesa Nidia Arévalo mantivo nas últimas horas un encontro co empresario, e deu a venda por "firme", aínda que o administrador concursal de Pili Carrera matizou que "a venda dunha empresa concursada é un proceso moi longo" e o xulgado aínda non deu o visto e prace á operación. En todo caso, a rexedora asegurou que ese investidor xa está "a organizar a posta en marcha da empresa, que implicará a contratación inminente de 40 traballadores de Pili Carrera, aínda que a intención é a de ir contando con todos e incorporándoos ao persoal paulatinamente".

 

 

Noticias web

04/06/2021