CRTVG

Buscar

Un intérprete afgán do exército español pide desde Sevilla axuda para sacar a súa familia de Cabul

Publicado o 22/08/2021 20:48

Suleiman móstranos documentos para acreditar que traballou seis anos de intérprete para o exército español en Afganistán. Explica que veu a España en 2014, cando as forzas aliadas comezaron a irse, porque os talibáns o ameazaron de morte. A súa preocupación é que agora teñen ameazada a súa familia en Cabul.

Desde alá, os seus contáronlle que os talibáns foron varias veces nos últimos días pola casa preguntando por el. Que lles dixeron que morrera, pero que non os creron.

Suleiman pídelles ás autoridades españolas que evacúen os seus pais e os seus cinco irmáns, que teñen entre 14 e 26 anos, porque o tempo se acaba.

Di que só se os inclúen na lista de persoas vulnerables e lles facilitan a entrada no aeroporto poderán saír de alá. Suleiman asegura que irá cos seus títulos a tocar todas as portas precisas porque ata agora ninguén contactou con el para axudalo.

Noticias web

22/08/2021