CRTVG

Buscar

Un interno ataca un funcionario no cárcere de Bonxe

Publicado o 09/05/2021 19:27

Un interno do penal de Bonxe, no concello lucense de Outeiro de Rei, agrediu presuntamente un funcionario, ao que lle causou diversas lesións. Acaba de denuncialo a asociación de traballadores penitenciarios Tu Abandono Me Puede Matar.

Ocorreu no departamento de enfermería, cando o interno quixo abandonar o módulo sen permiso. O único funcionario de servizo recriminoullo e o interno encarouse con el. Agrediuno con gran violencia, o que lle causou varias contusións e erosións nun brazo.

Foi precisa a intervención de cinco funcionarios para reducilo.