CRTVG

Buscar

España deixa de ser a principal porta de entrada de cocaína a Europa

Publicado o 05/03/2019 19:42

Un informe da ONU asegura que España xa non é a principal porta de entrada de cocaína cara a Europa. A Xunta Internacional de Fiscalización de Estupefacientes basea os seus datos nas incautacións de cocaína e revela que Bélxica superou en 2016 a España. Nese país comisáronse ese ano 30 toneladas e en España só a metade, algo máis de 15 toneladas. Estes datos repetíronse en 2017, cando en Bélxica se comisaron case 45 toneladas de cocaína e España quedou por detrás con 41 toneladas. Este organismo da ONU conclúe que os portos dos países do centro de Europa son os novos puntos de acceso dos estupefacientes.

Noticias web

05/03/2019