CRTVG

Buscar

Un incendio no interior dun garaxe calcina dous vehículos en Camariñas

Publicado o 18/06/2021 09:14
Un incendio no interior dun garaxe calcina dous vehículos en Camariñas

Un incendio orixinado esta madrugada madrugada no interior dun garaxe en Camariñas calcinou dous vehículos e afectou á súa estrutura. Foi un particular o que alertou, pasadas as catro da mañá, o 112 e manifestou que vía saír fume do interior dun garaxe situado na rúa Río do Cura.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Cee e a Garda Civil. Despois de varias horas traballando no lugar, os bombeiros confirmaron que o lume xa está apagado e que dentro do garaxe había cinco vehículos, dos que arderon unha moto e un coche. O fume afectou á estrutura e non houbo danos persoais.

Noticias web

18/06/2021