CRTVG

Buscar

Un incendio queima unhas 300 hectáreas en Gran Canaria

Publicado o 23/02/2020 13:38

Pois os fortes ventos que azoutan o arquipélago, están dificultando a extinción dun incendio que se declarou, onte á tarde, no municipio de La Aldea, en Gran Canaria.
O lume xa queimou unhas 300 hectáreas e varias vivendas na localidade de Tasarte, segundo informou o Cabildo da illa.

A proximidade das lapas obrigou aos servizos de emerxencia a evacuar uns 75 veciños do barrio de Tasartico, por precaución.
Na zona están actuando equipos de bombeiros de varios municipios, pero a calixe e a forza do vento impide a actuación dos medios aéreos. O Cabildo de Gran Canaria solicitou a incorporación da Unidade Militar de Emerxencias.

 

Noticias web

23/02/2020