CRTVG

Buscar

Un incendio nun piso da Coruña alarma de madrugada os veciños

Publicado o 07/02/2020 14:35

Tremendo susto o que levaron de madrugada os propietarios dunha vivenda da Coruña ao vela completamente invadida polo fume.

Aconteceu no último andar deste inmoble da rúa Falperra. Eles mesmos descubriron que había lume no moble de plástico onde teñen o quentador e intentaron sufocalo cun extintor de po. Á vez chamaron os bombeiros. Cando chegaron ao lugar tan só había rescaldos e apagáronos cun extintor de auga escuma. Polo momento non se saben as causas do incendio, pero todo apunta a unha sobrecarga eléctrica.

Non houbo afectados nin tampouco foi necesario desaloxar ningún veciño.






 

Noticias web

07/02/2020