CRTVG

Buscar

Un incendio nun edificio residencial e comercial en Taiwán deixa preto de 50 mortos

Publicado o 14/10/2021 18:32

Un incendio nun edificio comercial e de vivendas en Taiwán causoulle a morte a medio cento de persoas. As lapas devastaron o inmoble de 13 andares e hai tamén máis de corenta feridos algúns deles moi graves, polo que non se desbota que o número de falecidos poida aumentar.

As autoridades investigan as causas do incendio, que comezou de madrugada. Os bombeiros tardaron horas en extinguilo.

Noticias web

14/10/2021