CRTVG

Buscar

Un incendio nun alpendre en Aldán causa numerosos danos materiais

Publicado o 04/10/2021 21:43
Un incendio nun alpendre en Aldán causa numerosos danos materiais

Aparatoso incendio o que se rexistrou esta tarde nun alpendre en Aldán. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, pero todos os obxectos que gardaban neste inmoble quedaron totalmente calcinados.

O seu propietario tentou apagar o lume cun extintor, pero propagouse tan á présa que foi necesaria a intervención dos bombeiros, que impediron que as lapas afectaran a casa lindeira. Agora xa investigan as causas do incendio.

Noticias web

04/10/2021