CRTVG

Buscar

Un incendio fortuíto calcina doce autobuses en Lemoa, Biscaia

Publicado o 04/10/2021 08:56

Un incendio fortuíto calcinou na madrugada de onte 12 autobuses urbanos da empresa Bizkaibus. Estaban aparcados nunha explanada en Lemoa, Biscaia.

O lume, orixinado no sistema de refrixeración que vai no teito dos buses, afectou outro vehículo máis e deixa unhas perdas de case catro millóns de euros.

O material, a proximidade dos autobuses e as condicións atmosféricas de calor e vento contribuíron a que as lapas alcanzasen rapidamente os 13 buses.

Noticias web

04/10/2021