Controlado un incendio forestal rexistrado en Riós que afectou 30 hectáreas
Publicado o 04/09/2020 19:24

Un incendio forestal rexistrado esta noite no concello ourensán de Riós queimou 30 hectáreas e obrigou a mobilizar numerosos medios terrestres ante a imposibilidade de actuar os medios aéreos debido á hora á que arrincou.
O incendio iniciouse arredor das 23.00 horas do xoves na parroquia de Castrelo de Abaixo e estendeuse pola zona.
Quedou estabilizado á unha da tarde e a Consellería do Medio Rural deuno por controlado pasadas as 18.30 horas deste venres.
No control do lume participan catro axentes, 14 brigadas e nove motobombas, precisou Medio Rural.