Controlado o incendio forestal en Culleredo que puxo en alerta os servizos de extinción
Publicado o 08/09/2019 21:10

Pouco despois das catro da tarde deste domingo iniciaba no concello de Culleredo un incendio do que aínda non se coñece toda a súa extensión, pero que se divisa desde diferentes puntos da comarca. A densa fumareda pode provocar o corte dalgunha das estradas próximas.
Equipos de extinción de incendios de Medio Rural traballan con catro helicópteros e dous hidroavións, tres axentes, oito brigadas, seis motobombas e unha pa.
A proximidade de núcleos de vivendas fai que os esforzos se redobren na súa extinción. No aeroporto de Alvedro están pendentes tamén da evolución do lume, ante a posibilidade de que afecte o tráfico aéreo.
O incendio estaba controlado catro horas máis tarde cunha superficie afectada de arredor de 10 hectáreas.