CRTVG

Buscar

Un incendio forestal destrúe en Chile un cento de vivendas

Publicado o 25/12/2019 09:33

En Chile un incendio forestal destruíu máis dun cento de casas. Sucedeu ás aforas da cidade de Valparaíso, en plena celebración da Noiteboa.

Moitas vivendas tiveron que ser desaloxadas e as autoridades decretaron a alerta vermella nese punto do país. Sesenta e dúas unidades de bomberos, 15 brigadas forestais e 8 aeronaves traballan na zona para intentar sufocar as lapas.

Noticias web

25/12/2019