CRTVG

Buscar

Un incendio forestal calcina a biblioteca da Universidade de Cidade do Cabo, en Suráfrica

Publicado o 18/04/2021 23:03

O incendio forestal comezou nunha zona montañosa xunto ao campus universitario de Cidade do Cabo. As lapas arrasaron co edificio da biblioteca, que gardaba no interior importantes manuscritos históricos.

O lume obrigou os estudantes a evacuar o recinto universitario, xa que prendeu de xeito descontrolado en varios edificios. Os bombeiros tiveron que usar helicópteros para botar auga e tratar de frear o seu avance. Un dos bombeiros precisou hospitalización por queimaduras de gravidade.

O fogo declarouse nuns outeiros con abondosa vexetación que rodean a cidade surafricana e desde alí as lapas estendéronse con rapidez ata chegar á universidade.

 

Noticias web

18/04/2021