CRTVG

Buscar

Un incendio forestal activo queima máis de 50 hectáreas en Canibelos, en Ourense

Publicado o 18/07/2020 21:18

Pasadas as tres da tarde comezaba o incendio no monte de Canibelos, ao carón da cidade, no concello de Ourense. Unha gran fumareda era visible a mais de 10 quilómetros e moi rápido as lapas chegaron ao pé das casas, houbo momentos de tensión, pero os medios de extinción conseguiron evitar danos nas vivendas.

8 brigadas, 7 motobombas, 7 helicópteros entre eles, a Brif de Laza, e 10 avións estiveron traballando arreo para controlar o lume que xerou grande alarma entre a veciñanza. O incendio queimou máis de 40 hectáreas segundo informou Medio Rural. Investigáse agora a súa orixe.

Os medios de extinción tiveron que actuar tamén noutro incendio na parroquia de Untes xa controlado e que queimou menos dunha hectárea de terreo. Segundo Medio Rural está tamén estabilizado o incendio en Rubiá que afectou a unha 40 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra. O risco de incendio é moi alto estes días de temperaturas extremadamente altas, se ven un lume forestal lembran chamar ao 085.

Noticias web

18/07/2020