Un incendio forestal en Zamora supera xa as 2.000 hectáreas arrasadas
O incendio declarado o sábado na comarca zamorana de Aliste continúa activo en nivel 2 aínda que xa non ten lapas. Durante a noite arderon varias naves gandeiras e un camión dos bombeiros que traballaba na zona. Medios terrestres, entre os que está a Unidade Militar de Emerxencias, e aéreos tratan de controlalo. O incendio afectou polo momento a unha superficie de máis de 2.000 hectáreas das comarcas de Aliste e Terra de Alba cun perímetro próximo os 38 quilómetros. Pola noite ameazou en varios momentos a poboación de Dormez. O vento complica os traballos de extinción.
E despois dunha noite de preocupación xa se dá por controlado outro incendio forestal na localidade malagueña de Colmenar, que obrigou a desaloxar de xeito preventivo unhas 50 persoas de dúas urbanizacións, unha nesta vila e outra en Antequera. Xa puideron regresar ás súas vivendas.